martes, 4 de novembro de 2014

As formas de elocución


Índice de contidos:
1. Introdución
2. As diversas formas de elocución
2.1. A narración
2.2. A descrición
2.3. O diálogo
3. Ortografía: o uso dalgunhas letras
3.1. O uso das maiúsculas
3.2. O uso das minúsculas
3.3. O uso do b
3.4. O uso do v
3.5. O uso do h
3.6. O uso do c
3.7. O uso do q
3.8. O uso do k
3.9. O uso do z
3.10. O uso do r
3.11. O uso de rr
3.12. O uso de X

As formas de elocución
Introdución: por formas de elocución entendemos as distintas maneiras que ten o emisor para mostrar ao receptor unha realidade, que pode ser presentada ou representada
.
As diversas formas de elocución:

· A narración: é o relato de feitos, reais ou imaxinarios, nos que interveñen personaxes situados nun tempo e espazo determinados.
Forma de elocución típica dos contos, novelas, lendas e novas diversas.

· A descrición: é un texto que informa sobre as características dunha entidade, un estado ou un proceso concretos. Buscamos que as impresións sensoriais de lugares, obxectos ou persoas e as nosas
propias sensacións e emocións provoquen no lector parecidas sensacións e emocións.

· O diálogo: é unha conversación entre dúas ou máis persoas, coas que se intercambia información e se comunican pensamentos, sentimentos e desexos. Pode ser oral ou escrito e literario ou non literario. É a forma de elocución propia, aínda que non exclusiva, do teatro. Tamén pode darse na narrativa e na lírica.

Ortografía:
· O uso dalgunhas letras: destacamos aquelas que poden presentar maior dificultade no uso habitual da nosa lingua; ante a dúbida, debemos consultar os cadros correspondentes desta sección.

O uso das maiúsculas: escríbense con maiúscula, a palabra coa que se inicia un texto e a que aparece tras un punto, o vocábulo que segue aos puntos suspensivos, todos os nomes propios e apelidos, a primeira palabra do título de calquera obra ...etc.

O uso das minúsculas: escríbense con minúscula, os nomes das estacións do ano, os meses e os días da semana, os nomes propios que son usados como comúns...etc.

O uso do b: escríbense con b, palabras formadas con móbil e as rematadas en –bilidade, palabras que comezan por bi-, bis- ('dous'), palabras que empezan por biblio- ('libro'), palabras que conteñen o elemento de composición bio ('vida')...etc.

O uso do v: escríbense con v, os verbos que rematan en –olver, os verbos compostos de mover, as palabras rematadas en –vir, as palabras que comezan por vice-, vídeo-, vermi-...etc.

 O uso do h: escríbense con h, as voces compostas e derivadas de termos que presentan h, as palabras que comezan polos elementos de composición homo- (‘igual’), hetero- (‘outro’), homeo- (‘parecido’), hiper- (‘superioridade’), hipo- (‘inferioridade’), holo- (‘todo’), hemi- (‘metade’), hecto- (‘cen’)..etc.

O uso do c: escríbense con c, a maior parte das palabras que presenta o son oclusivo velar xordo (equivalente a q) diante dos vogais a, o, u ou e ao final de sílaba ou de palabra e as presentan o fonema fricativo interdental xordo (equivalente a z) diante das vogais e, i.

O uso do q: escríbense con q, as palabras que presenta este son oclusivo velar xordo ante as vogais e, i. Nestes casos o q sempre vai seguido da letra u, que non soa.

O uso do k: escríbense con k, algunhas palabras procedentes
doutras linguas.
O uso do z: escríbense con z, as palabras que presentan este fonema fricativo interdental xordo diante das vogais a, o, u e ao final de sílaba ou de palabra.

O uso do r: escríbense con r, as palabras nas que esta letra aparece en posición inicial de sílaba. En caso de que vaia precedida de vogal, o r representa un son vibrante simple, mentres que se vai precedido dunha consoante que pertence a outra sílaba, o son representado por esta letra é vibrante múltiple...etc.

O uso de rr: escríbense con rr, as palabras nas que o son vibrante múltiple aparece entre vogais, tanto nas palabras simples coma nas compostas.

O uso de x: escríbense con x, un grupo de palabras que en galego levan x (/∫/), non ch ou i, en certas palabras aparece dúas veces o x en posición intervocálica, a primeira con valor /ks/ e a segunda co valor /∫/. Pódese optar por substituír o primeiro x por s ou mantelo inalterado…etc.